Moaña acolleu nos últimos días unha obra de teatro e un mercado enmarcados nunha actividade creada para visibilizar o que hai detrás do comercio de determinados produtos de consumo habitual como o cacao, azucre e café.
Esta actividade realízase como concello socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e foi organizado pola ONG Solidariedade Internacional de Galicia
Trátase de promover o respecto polas relacións comerciais xustas cos produtores doutros paises.
Durante toda a xornada do domingo os moañesas e as moañesas puideron degustar e mercar produtos de comercio xusto a vez que se lles explicaba como se producen e como é a forma de vida das persoas produtoras
Xa na noitiña, representouse a obra de teatro «Vaia tea» da compañía Xucrut teatre, unha peza que fai reflexionar sobre as consecuencias do actual consumo desmesurado de roupa así como sobre as condicións laborais das persoas que traballan na industria téxtil no mundo e o impacto humano e medioambiental que provocan estes hábitos de consumo.