A señalización instalada polo Concello nas rúas de Moaña polas que pasas a variante do Camiño Portugués.

A variante do Camiño Portugués ao seu paso por Moaña xa conta coa sinalización necesaria para que as persoas peregrinas que visitan o municipio conten con información. A intención do Concello, a través das concellerías de Mobilidade e de Cultura, e que «pouco a pouco sexan máis», enriquecendo así «con intercambio cultural a nosa vila», explica o edil Rodrigo Currás.

O Concello puxo a disposición dos camiñantes trípticos informativos que repartirá ás persoas visitantes e á app wikiloc que o contempla dende hai anos

Como pistoletazo de saída, a concellería de Cultura en colaboración coa de Mobilidade organizou un concerto para o vindeiro domingo 24 de xullo no Eirado do Ferreiro (preto do Puntillón) ás 21 horas. Actuará en directo o gondomareño Ruben de Lis, creador do himno da Peregrinación Europea de Mozas que levou a cabo no medio da pandemia co nome «Ven a Santiago, máis que un camiño».

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí