Un dos momentos do pleno coa intervención de representantes da Plataforma.

A corporación do Concello de Moaña, composta polo goberno BNG-PSdeG e PP e XM na oposición, aproba a entrega ao Sergas dos terreos onde a consellería de Sanidade construirá o novo centro de saúde de Sisalde. Unha demanda de dúas décadas que hoxe dá un paso fundamental e decisivo para que as instalacións sexan unha realidade.

Na sesión plenaria interviñeron representantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública para facer un percorrido pola loita levada a cabo durante estes anos e nela estivo moi presente o recordo ao falecido Paco Ferreira, activista ao longo da súa vida e un dos principais impulsores desta causa.

Os portavoces de todos os partidos destacaron a importancia histórica deste pleno, despois do cal o Sergas pasará a ser propietario da parcela e, unha vez realice os trámites administrativos oportunos para que esta titularidade sexa efectiva legalmente, iniciaranse as obras do novo centro de saúde de Sisalde.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí