A Alcaldía de Moaña fai un chamamento para que tanto nas instalacións municipais coma nas vivendas e nos establecementos a nivel particular procedan a activar medidas de redución de consumos de auga potable. Para isto o Concello adoptou as seguintes seguintes medidas de aforro:
Restricións de regos nas zonas axardiñadas, reducíndoos ao nivel mínimo imprescindible.
Limitación dos baldeos de rúa e parques a necesidades puntuais e especiais.
Suprimir o uso das duchas nas praias.
Evitar o lavado innecesario dos vehículos.
Tamén facen en xeral as seguintes recomendacións:
Limitar o recheo das piscinas.
Re-utilizar a auga para outros usos e así evitar problemas maiores na época na que nos achegamos, cando menos chove e a demanda de auga aumenta.
Evitar o lavado innecesario dos vehículos.
As medidas adoptadas na situación de pre-alerta buscan a anticipación ante un posible episodio futuro de escaseza de auga, así coma a toma de conciencia dos concellos e da cidadanía en xeral sobre a necesidade de facer un consumo responsable deste ben indispensable.
Estes son pequenos xestos diarios, din, poden axudar a minimizar o consumo de auga, lembremos que debemos de consumir a auga de maneira responsable.