Asociación, gabinete e membros do goberno esta mañá na presentación das Xornadas.

Detectar o Trastorno do Espectro Autista, TEA, nos nenos canto antes e tratalo é fundamental para que os máis pequenos e as súas familias teñan unha mellor calidade de vida. Baixo esta premisa a asociación Superheroes do Morrazo e o gabinete Maite Tenorio, especialista neste tipo de trastornos do neurodesarrollo, crearon as I Xornadas Tea, co apoio do Concello de Moaña. Trátase de dar visibilidade a este tipo de alteracións que inicialmente poden supoñer un impacto importante para os pais e toda a contorna familiar.

Precisamente, estas profesionais poñen en marcha esta ferramenta en outubro para darlles ferramentas que permitan «traballar canto antes para tratar o problema e poder normalizalo» ante o incremento de casos que se detectan nas aulas. «Se antes había un caso ou ningún por aula, agora hai unha media de tres ou catro casos», manifesta Sara Rodríguez, presidenta da asociación. «Os pais saen do pediatra e teñen que tocar portas», describe.

Os actos será no salón de plenos e comezarán o 14 de outubro coa charla Linguaxe e Comunicación, impartido por Alba Pérez e Vanesa Currás. O seguinte está previsto para o 21 de outubro baixo o tema «O soño en Tea/Medos e fobias non Tea» da man de Nazaret Castro e Maite Tenorio. O último será un taller de estimulación sensorial para crianzas que se impartirá na clínica Maite Tenorio. Todos eles terán prazas limitadas, polo que é preciso inscrición previa tanto a través do QR do cartel como no email superheroesdelmorrazo@gmail.com. Estes obradoiros están dirixidos tanto a familias como tamén a profesionais sanitarios.

Escola de Saúde

Con estas Xornadas o Concello de Moaña arrinca o seu Escola de Saúde, unha iniciativa da concellería de Benestar que dirixe María Sanluis e que busca «apoiar a todos os colectivos que queiran visibilizar todas estas doenzas e trastornos para facer unha Moaña máis amable» Pola súa banda, a alcaldesa, Leticia Santos, apunta a que a intención é «mellorar a calidade de vida de todas as persoas que viven na nosa vila».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *