Fin de semana en Moaña dedicado ás I Xornadas do Trastorno do Espectro Autista (TEA) coas que, ademais, inaugurouse a Escola de Saúde. Este proxecto, que ben da man da concelleria de Benestar Social, Igualdade e Accesibilidade, pretende afondar nas temáticas que máis lle poidan interesar a veciñanza sempre da man dos colectivos.
Para o Concello, señala a edil María Sanluís, «a prevención, a visibilizacion e a educación en saúde, ao igual q a defensa da sanidade pública e de calidade é un dos seus piares importantes e por iso queremos darlle voz a todas as persoas facendo visible o invisible».