Villaverde durante a súa visita á Confraría de Cangas.

O titular de Mar puxo en valor a papel labor desta entidade que participa no desenvolvemento dos proxectos Algaprox, Agasdet e RIFA no marco da rede de colaboración entre o sector e os centros de investigación mariña Redemar

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, continúa a súa intensa axenda de visitas aos pósitos galegos para abordar a situación particular da actividade pesqueira e marisqueira de cada zona así como coñecer
de primeira man as necesidades dos profesionais do mar. Así, mantivo un encontro de traballo con representantes da Confraría de Pescadores de Cangas para valorar novas liñas de colaboración no desenvolvemento de novos proxectos.

A responsable autonómica destacou a importancia deste porto a nivel galego dado que pechou o 2024 entre as dez rulas máis importantes da comunidade cunha facturación de 4,6 millóns de euros e preto de 310 toneladas comercializadas. Nesta liña, salientou a importancia da colaboración do Goberno galego co sector no desenvolvemento de medidas e iniciativas que afonden na competitividade e sostibilidade desta actividade estratéxica para a comunidade.

O titular de Mar sinalou como exemplos dese traballo conxunto a participación desta confraría desenvolvemento de proxectos de investigación, no marco da rede de colaboración entre o sector e os centros de investigación mariña Redemar, nos que o departamento autonómico inviste máis de 560.000 euros. Unha destas iniciativas é o proxecto Algaprox para o estudo técnico e manexo de diversas especies de macroalgas de especial importancia en Galicia, ben polo seu valor comercial o polo impacto da súa
proliferación no medio ambiente e os recursos mariños.

O pósito tamén colabora no proxecto Algasdet para o desenvolvemento de novas ferramentas para detectar a alga invasora rugulopteryx mediante ADN ambiental ou o proxecto RIFA para o estudo da resposta inmune da ameixa rubia fronte factores ambientais. Ademais, a Consellería do Mar financia unha actuación de rexeneración ao abeiro das axudas para a restauración da biodiversidade que permitirá a sementeira de 16.000 unidades de ourizo este ano, un especie de gran interese comercial para o sector da que foron comercializadas 12 toneladas o pasado ano por valor de 200.000 euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *