Presentación no Parque por parte de Bastián Hermo, de BhB Galicia e o concelleiro Hugo González.

Será este sábado a partir das 17.00 horas na Finca de Briz. Os dous gañadores viaxarán a Alicante para desputar a final cosgastos pagados

A cultura e a improvisación urbana volverán ter unha cita imperdible esta fin de semana en Marín, coa celebración da final autonómica de freestyle na Finca de Briz a partir das 17.00 horas, que foi presentada no Parque por parte de Bastián Hermo, de BhB Galicia e o concelleiro Hugo González.

Trátase da clasificatoria final a nivel galego desta disciplina artística e na que poden participar todas aquelas persoas que así o desexen e que poden preinscribirse na conta de Instagram de @bhb.edition.

Aqueles que resulten vencedores nas batallas do sábado, clasificaranse para a General Rap de Alicante e para os que o Concello subvencionará a viaxe ata a cidade e a estancia durante a competición estatal.

O concelleiro quixo facer fincapé no “apoio que queremos dar desde o Concello a programacións como os que organiza BHB Galicia, co obxectivo de que Marín tamén se convirta nun referente de programación cultural e artística para a mocidade, tal e como ven sendo coa celebración deste evento durante os últimos anos”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *