Presentación de la carrera esta mañana en Marín.

O evento regresa para poñer en valor a traxectoria, o esforzo e os valores do deporte local con 11 categorías de premios.

O Concello de Marín volverá celebrar a Gala do Deporte, un evento de referencia para o recoñecemento do deporte local que regresa tras varios anos sen celebrarse. A cita servirá para poñer en valor o esforzo, a dedicación e os valores de deportistas, clubs, entidades e persoas vencelladas ao deporte marinense ao longo do ano 2025.

O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, anunciou a aprobación das bases desta nova edición, coa que se recupera unha gala que, edición tras edición, reunía ao tecido deportivo da vila nunha xornada de homenaxe e recoñecemento público. Agora, volve de novo estan festa do deporte local, que previsiblemente se celebrará o 20 de febreiro.

O prazo para a presentación de candidaturas abrirase o vindeiro 1 de xaneiro e permanecerá aberto ata o 16 de xaneiro de 2026. Poderán presentar propostas clubs deportivos, asociacións, entidades, institucións e a cidadanía en xeral, así como o propio xurado.

Nesta edición concederanse trece premios que abranguen distintas categorías, entre elas mellor deportista masculino e feminino, deportista de base, deportista veterano/a, mellor club ou entidade deportiva, mellor adestrador/a, premio á inclusividade, ao voluntariado deportivo, ao deporte con valores, ao deporte base e á formación, ao mellor evento do ano e ao patrocinio e colaboración co deporte.

O xurado valorará non só os resultados deportivos, senón tamén aspectos como o esforzo, o compromiso, o xogo limpo, a igualdade, a inclusión, o impacto social e a promoción de hábitos de vida saudables, reforzando así o carácter educativo e social do deporte.

Coa recuperación da Gala do Deporte, o Concello de Marín reafirma o seu compromiso co deporte local e con todas as persoas e entidades que contribúen a engrandecelo e a convertelo nun elemento clave de cohesión social e promoción de valores.

As candidaturas poderán presentarse a través do Rexistro Municipal do Concello de Marín ou mediante o correo electrónico deporte.juventud@concellodemarin.es.

Toda a información e as bases están dispoñibles na web do Concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *