Fogueira de Cantodarea da Asociación de Amijos e Vesiños.

11 delas serán públicas e o resto en espazos privados

A noite de San Xoán brilarán en Marín case 140 fogueiras en Marín. Segundo informou esta mañá o Concello, solicitáronse 127 fogueiras privadas e 11 públicas, que estarán colocadas nas seguintes localizacións:
● Cantodarea (Praza do Regueiro)
● Searas (Loira)
● Casal (San Xulián)
● Lavadoiro de Loira
● Pista da Virxe do Carme (Barriada de Suboficiais)
● Baixada ao pavillón do Sequelo
● A Grela (San Xulián)
● Entorno do Cemiterio de Mogor
● Souto da Moreira (San Xulián)
● Subida ao Lavadoiro da Grela (San Xulián)
En canto ás normas de obrigado cumprimento, o Concello lembra que está prohibido levar a cabo cacharelas sobre as vías públicas pavimentadas, xardíns ou zonas verdes, baixo tendidos eléctricos e telefónicos. As cacharelas terán que gardar unha separación mínima de 12 metros lineais coa vexetación, casas e edificios máis cercanos. A súa altura máxima será de 14 metros e o diámetro da zona de combustión de 6 metros de ancho.

Para a combustión só poderán emplearse leña, ramas, troncos de árbores ou calquera material de madeira, quedando prohibido emplear materiais inflamables como neumáticos, plásticos, latas, botellas de vidro ou materiais de PVC. Tamén se prohibe botar ás cacharelas aerosoles (aínda se están baleiros), aceites, líquidos combustibles e calquera substancia explosiva.

As persoas que asistan á festa, non se poderán situar nunha área de diámetro similar á altura do pau central da cacharela. Queda prohibido facer cacharelas na praia. As organizadoras das fogueiras, deberán ter coñecemento dos télefonos de contacto necesarios no caso de que xurda algún accidente: TELÉFONO DE EMERXENCIAS: 112.

A persoa solicitante deberá responsabilizarse do cumprimento das normas establecidas en canto á seguridade e medidas específicas sanitarias. Mediante estas normas, de obrigado cumprimento, o Concello pretende garantir a protección e seguridade das persoas que participen nestas festas de grande tradición, facendo compatible a diversión coa seguridade de toda a cidadanía.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí