Desbroces nos accesos aos colexios.

Estes traballos estanse a realizar por Juan XXIII para que os centros estean en perfecto estado para recibir ao alumnado

O Concello de Marín iniciou, a través dos operarios de Juan XXIII, os traballos para adecentar, limpar en manter en perfecta condicións todos os accesos aos centros educativos de cara ao arranque do novo curso escolar. Esta tarefa xa se ven realizando nos últimos días e estará lista antes de que o alumnado volva ás aulas.

Ademais, tal e como informou o Goberno local a través da Concellaría de Medio Rural, rematouse xa co Plan Anual de Desbroces, que divide este servizo ao longo de todo o ano en distintas zonas para poder garantir que noso rural está desbrozado e limpo. Agora, farase un pequeno repaso puntual por aquelas zonas nas que houbo un desmadre maior da maleza, para dar ese último toque e deixalas ben cara o inverno.

Tamén arrancou xa o traballo de limpeza e desbroce dos montes que son de titularidade municipal. Este labor realizarase ao longo de todo o mes de setembro e xa foi avanzando nalgúns puntos, como no Cruceiro do Vento, que xa está rematado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *