Alumnos del Juan XXIII desbrozando caminos en Marín.

Trátase dunha obriga medioambiental que salva vidas cando se produce algún incendio forestal e está dirixida a aquelas persoas que teñen terreos cerca dos núcleos e as vivendas. Pablo Novas explica que estas cartas, enviadas pola Xunta de Galicia, serven como recordatorio para que os propietarios fagan estes traballos

Desde hai uns días, as persoas propietarias de parcelas que colindan con vivendas ou núcleos urbanos están a recibir por parte da Xunta de Galicia o aviso da obligatoriedad de limpalas. Trátase dunha obriga recollida na lexislación autonómica da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que en Marín está cuberta a través do convenio firmado entre a Xunta de Galicia e Seaga e a través do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os incendios forestais de Marín.

Novas explica que esta carta serve como recordatorio desta obriga para os propietarios. O obxectivo “é manter limpas de biomasa as coñecidas franxas secundarias, que son aquelas que protexen as vivendas e que se están en boas condicións serven como cortalumes se se dá un incendio”. Ademais, isto supón a
eliminación das especies arbóreas máis pirófitas presentes na nosa zona, que son principalmente o eucalipto, o piñeiro e a acacia.

Novas recalca que todas as persoas que teñan dúbidas con respecto a este tema “poden poñerse en contacto co Concello ou achegarse ata aquí e así poderemos axudalos co seu caso”.

O verán é o momento de maior risco forestal e por iso, tanto desde as propiedades privadas como desde a Administración local, é fundamental actuar con prevención e estratexia, para evitar males maiores no caso que se produza un incendio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *