O parque da Avenida de Ourense.

Esta semana darán comezo os traballos no da Alameda e continuarase coas seguintes áreas recreativas que máis precisen a intervención de mellora

A concelleira de Parques e Xardíns, Cristina Acuña, informou esta mañá da inversión que ten previsto realizar o Concello ao longo dos próximos meses para a reparación e mellora dos parques infantís. En total, investiranse 40.000 euros na mano de obra e na adquisición de materiais para a súa reposición nos elementos dañados dos seguintes parques:


● Alameda de Marín
● Zona deportiva da Praza de España
● Parque infantil de Cantodarea
● Parque infantil da Cañota
● Parque infantil do Lameira
● Parque infantil do Parque Eguren
● Parque infantil da Virxe do Carme
● Parque infantil de San Pedro
● Parque infantil da Alameda de Seixo
● Parque infantil da Praia de Loira
● Parque infantil e biosaudables de Vilaseca-Ardán
● Parque infantil do Campo
● Parque infantil de Briz
● Parque infantil e biosaludables de San Xulián
● Parque infantil de Pardavila
● Parque infantil de Miñán

● Parque infantil de Pastoriza

No caso do parque da Alameda, os traballos comezarán de xeito inminente esta semana, xa que é “un dos máis utilizados da nosa vila, pola súa céntrica ubicación e polo grande que é”. Despois, seguirase actuando en función das necesidades de cada parque, para priorizar aqueles que máis precisan da intervención.

Debido ao intenso uso que se fai deste área recreativa, hai un grao de desgaste nalgúns elementos que debe corrixirse. Na memoria elaborada pola empresa que se encargará de levar a cabo o mantenento, recóllense todos os desperfectos atopados, que se irán solventando para garantir a seguridade dos nenos e nenas que diariamente os utilizan. Tamén se corrixirán algúns defectos do céspede artificial e do caucho.

Por outra banda, “nalgúns do rural, como o de Pardavila ou o de San Xulián, que aínda que están en terreo das comunidades de montes, o Concello encárgase do seu mantemento, xa se realizaron algúns labores”, adiantou a edil.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *