O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, achegouse ata o Camiño do Escorial, en Castro, onde acaba de iniciarse unha batería de reparacións de viais por distintos puntos das parroquias do rural, que se atopan en moi mal estado e cuxo arranxo era moi demandado pola veciñanza da zona.
Tal e como explicou o edil, este é o primeiro de cinco camiños que se benefi ciarán dunha inversión total de máis de 46.000 euros, fi nanciada por fondos propios. Neste caso, estase a levantar toda a capa existente para despois repavimentala con formigón.
Despois, seguirán o Camiño do Lavadoiro de Don Pedro, en Sete Espadas; o Camiño Fondo de Mogor, o Camiño de Bouzón e o Camiño de Cabodevila. Novas explica que se trata de actuar “en tramos que tiñan moi mal estado e que dan acceso a vivendas ou supoñen unha conexión entre núcleos”. Calcúlase que se benefi ciarán 50 vivendas en total.