O Paseo Alcalde Blanco de Marín quedará inaugurado este xoves ás 13:00 horas tras un primeiro intento que tivo que aprazarse pola choiva do pasado 16 de xuño. Unha obra executada no marco da estratexia Marín Dusi, cofinanciada nun 80 por cento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Nesta xornada tamén se dedicou un tempo aos nenos, que poderán divertirse cos xogos de auga desde as 11:30 horas da mañá.