Presentación do Marín Gaming hoxe as portas do Concello.

Será na Carpa do Parque Eguren o venres 6 e o sábado 7. Xogos de mesa durante todo o día, wargames, obradoiros de pintura, iniciación ao rol… e outras actividades encherán a fin de semana, da man de Lua Gaming

Os amantes dos deportes electrónicos e dos videoxogos terán en Marín unha cita imperdible durante a ponte de decembro, o venres 6 e o sábado 7, na carpa instalada no Parque Eguren, coa celebración do Marín Gaming.

O evento foi presentado hoxe polos concelleiros Hugo González e Antonio Caíña e o director de proxectos de Lua Gaming, Hugo Botana, que animaron a toda a mocidade, a pequenos e maiores, e, en xeral, a todos os seguidores deste arte a desfrutar duns días nos que teremos xogos de mesa e outras actividades
paralelas.

O Marín Gaming abrirá as portas da carpa o venres ás 12.00 horas. Durante todo o día, haberá xogos de mesa e Arcade, e a partir das 16.00 horas, iniciaranse os wargames e o obradoiro de pintura. Ás 17.00 horas, haberá torneo de EA Sports FC25 e Mario Kart e a xornada rematará ás 20.00 horas coa entrega de premios.

O sábado repiten durante o día completo os xogos de mesa e Arcade. Ás 13.00 horas, haberá un escape room e xa pola tarde, a partir das 16.00 horas, aos wargames e ao obradoiro de pintura sumarase un obradoiro máis de iniciación ao rol. Ás 17.00 horas, prevense torneos de Brawl Stars e de Mario Kart. Ás 19.00 horas darase por finalizado o escape room e entregaranse premios ás persoas gañadoras.

Charlas contra o cyberbullying nos institutos

Como actividade paralela ao Marín Gaming, desde Lua Gaming ofrecerán varias charlas nos institutos da vila sobre prevención e actuación contra o cyberbullying, xa que é importante ser conscientes de que os videoxogos e as redes sociais son unha fonte inagotable de situacións de acoso que afectan á sociedade e que é importante ensinarllas ao alumnado para que poidan ter ferramentas para combatilas.

Estarán o 29 de novembro no SEI San Narciso, o 2 de decembro no IES Mestre Landín e no IES Illa de Tambo, e o 4 de decembro no IES Chan do Monte. Lua Gaming, un club 100% galego Lua Gaming, os organizadores do evento en colaboración co Concello de Marín, son un club de deportes electrónicos galego con exposición internacional comprometido coa creación dunha comunidade inclusiva e sostible a través do entretemento dixital.

Tal e como explican, a súa misión é emplear os videoxogos como unha ferramenta para transformar a sociedade, educando e creando experiencias que unan a distintas xeracións a través da innovación. Con caras tan enormemente recoñecidas como as de Iago Aspas, Ana Peleteiro e Xurxo Carreño, impulsan a súa actividade e expándena ao educación da infancia e a mocidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *