Chorreos desinfectando las calles de Marín.

O mantemento e a limpeza de rúas, así como de todo o espazo urbano e natural ou rural do termo municipal, é unha das áreas que require de maior inversión municipal e que precisa dunha frecuencia constante na súa realización.

Hai 14 anos, a limpeza viaria facíase unicamente con medios municipais de luns a venres, (nos cascos urbanos de Marín e Seixo) e a limpeza de praias tamén se realizaba só de luns a venres…

Actualmente, aínda que o servizo coa Brigada de Limpeza é municipal, lévanse facendo desde o inicio contratacións externas para cubrir picos de traballo en momentos concretos do ano polo aumento da actividade e sobre todo nos días festivos e fi ns de semana, xa que o horario do persoal da brigada de limpeza e de luns a venres de 7 a 14h e só 2 persoas para vaciado de papeleiras os sábados pola mañá.
En canto a maquinaria, so se dispón de carros manuais, dunha máquina baldeadora e de 2 barredoras, unha do 2002 e a última de 2015 por unha inversión de máis de 100,000€.

Así que a limpeza nos fi ns de semana faise con horas extras e é imprescindible, por descanso e conciliación do persoal municipal, contratar as limpezas de:
● Todos os fi ns de semana e festivos do verán
● Semana Santa
● Nadal
● E todos os eventos que se fan ao longo do ano como: Corpus, Concentración de motos, Festas do Carme, Festas de Seixo, Festa Corsaria, Festas de Loira, San Migheleiro… nas que é preciso apoio extra.
Respecto á limpeza das praias , agora límpansd de luns a domingo, incluído un reforzo pola tarde os venres, sábados e domingos.

Os chorreos de rúas fanse ao longo do ano co camión de baldeo e persoal da brigada sempre que é posible, pero no verán e cos falta de chuvia é imposible manter todas as beirarrúas en perfecto estado.
A todo isto, súmanse os desbroces que se realizan ao longo de todo o ano todos os camiños, parcelas e montes municipais con Juan XXIII e co persoal do Aprol, que nunca antes se fi xera..

Polo tanto, o Concello entende que as melloras son necesarias no servizo de limpeza, requerindo de varias medidas estruturais que permitan facer crecer o servizo en operatividade e cobertura, para responder ao aumento do nivel de esixencia e para garantir unhas rúas máis coidadas e limpas.

Para iso, arrancarase co estudo para proceder á externalización do servizo, o que permitiría unha dotación e renovación constante de maquinaria actual de última xeración, que se incluiría no servizo e se lle requeriría á empresa adxudicataria.

Isto homologaríanos a outros concellos da provincia, onde teñen o servizo externalizado, como poden ser Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Sanxenxo, Poio, Moaña, Ponteareas, Mos, Porriño, Gondomar, Nigrán, Tomiño ou Lalín, entre outros.

Por suposto, isto non supón baixo ningún concepto desfacer a Brigada Municipal, senón reorganizar as brigadas en función das necesidades do día a día do municipio para poder ser máis operativos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *