Este mediodía, o transporte contratado polos concellos de Marín e Poio para trasladar os produtos de primeira necesidade recollidos en ambos municipios para Valencia comezou cargar os palés co material no Multiusos da Praza de Abastos. En total, enchéronse ata arriba un total de 21 palés con todo tipo de produtos alimenticios non perecedoiros, artigos de limpeza, de hixiene persoal, de coidado para maiores e bebés, roupa en bo estado… así como auga en gran cantidade.
Tal e como explica o Concello, o destino de todo o material será o Ayuntamiento de Alfafar, con quen está coordinada e organizada a recepción de toda esta axuda para que chegue á veciñanza dun dos pobos máis afectados pola traxedia da Dana.
A alcaldesa, María Ramallo, quixo facer un «agradecemento sen precedentes» a «todas as persoas que colaborastes aportando na recollida e a todas as que a semana pasada nos axudaron a facer o traballo de selección, clasificación e empaquetado dos productos: voluntarios, ANPAS, Policía Local, alumnado da Escola Naval… Todas as mans foron necesarias e agradecémolas, de corazón».