Marín acaba de acender a súa iluminación do Nadal. A alcaldesa, María Ramallo, acompañada de todo o seu goberno e dos compoñentes da Asociación Das Caña. Un pistoletazo de saída ás festas que trae consigo unha programación especial para todo o mes de decembro e os primeiros días de xaneiro.
Os veciños e visitantes poderán gozar de música, xogos, teatro e actividades varias, entre as que destacan a partir do 22 de decembro, coincidindo coas vacacións escolares, a apertura das dúas carpas do Engado. Como é habitual, a primeira instalarase na Alameda para os máis pequenos e a outra, a partir dos 10 anos aproximadamente, ocupará o corazón do Parque Eguren. Ambas teñen acceso gratuíto e, no caso da infantil, continuarase coa norma establecida de que os nenos poidan quedar a cargo dos monitores mentres os seus pais aproveitan para outros quefaceres pola contorna. Así se evita o colapso que poida provocar a presenza de adultos.
Tamén está a vista posta no peche do ano e no día de Reis coa Cabalgata no seu percorrido habitual e o simulacro da toma de uvas do día de Fin de Ano ás 12:00 horas na Alameda.
Non faltan os concertos da Banda de Municipal de Música e da Escola Naval Militar, tampouco ou a papanoelada moteira o 17 de decembro ou a decoración especial para a parroquia de Seixo tras o éxito pasado.
PROGRAMACIÓN COMPLETA
1 de decembro, venres
17:30h. Inauguración do Nadal na Alameda co TREN DE NADAL: Do 1 ao 3, do 5 ao 10, do 15 ao 17 e do 22 de decembro ao 04 de xaneiro. Horario: 11.45-13.30 h. // 17.15 a 21 h
CARRUSEL DE NADAL, organiza Estrela de Marín. (Ata 14 de xaneiro)
Mostra de ARTESANÍA DE GALICIA. (11:30-14 e 17-21h. Ata 10 de decembro)
18:00h. CHOCOLATADA SOLIDARIA realizada polas ONGs. Alameda
18:30h. Acendido do ALUMEADO DE NADAL na Alameda con panxoliñas a cargo
de MAIS CANTOS, rematando co acendido do BELÉN na Praza 8 de marzo
2 de decembro, sábado
19:00h. Actuación infantil de ISLA LE TRISKA. Alameda
4 de decembro, luns
Comezo das Rutas do TREN DE NADAL nos centros escolares de Infantil e Primaria
6 de decembro, mércores
17:30-21h. LUDOXORNADAS. Xogos de mesa coa asociación Tempus Ludit. Multiusos
8 de decembro, venres
17:30-21h. LUDOXORNADAS e Torneo de CATÁN. Multiusos
9 de decembro, sábado
19:00h. Actuación infantil do MAGO NOEL. Alameda
10 de decembro, domingo
20:30h. Concerto de Nadal das Corais SOCIOCOMUNITARIA, THALASSA e LEMBRANZAS DE MARÍN. Igrexa Vella
12 de decembro, martes
18:00h. Inauguración FEIRA NADAL MARÍN na Alameda. (Ata o 5 de xaneiro)
15 de decembro, venres
18:30h. Festival de Nadal da Escola Municipal de Música. Biblioteca
20:00h. Concerto de Nadal da Banda de Música da ESCUELA NAVAL MILITAR DE MARÍN. Multiusos
16 de decembro, sábado
17:00-21:00h. MINI MERCADO DE NADAL coas ANPAs de Marín. Poderás crear a túa VIDEOPOSTAL DE NADAL. Carpa da Alameda
17:30h. CHOCOLATADA SOLIDARIA realizada polas ONGs. Alameda
18:00h. Bailes de Nadal das ZUMBIS. Alameda
18:30h. TEATRO VERBAS no Multiusos, organiza Asociación Kalos
17 de decembro, domingo
17:00h. PAPANOELADA MOTEIRA, percorrido saída da Praza de España, Vial de praias, Seixo, Castro, José del Río, Concepción Arenal, Ezequiel Massoni, Jaime Janer, Concepción Arenal, Carballiño,… finalizando na Alameda, organiza Moteiros Solidarios
18:30h. Concerto de Nadal da CORAL EVANXÉLICA DE MARÍN, organiza Asociación Kalos. Multiusos
18 de decembro, luns
10:00h. Videoconferencia escolar con Papa Noel. Aula CEMIT
21 de decembro, xoves
Exposición de contos e debuxos do Nadal no Ateneo Santa Cecilia. (De martes a venres de 17:30-20:30h e sábados de 11-13h. Ata 8 de xaneiro)
22 de decembro, venres
17:00h. Inauguración CARPA ENGADO MARÍN INFANTIL coa participación dos Bailes de Nadal dos ZUMBIS de Marín. Alameda. Ata o 07 de xaneiro. Horario: 11.30-13.30h // 17 a 21h
17:30h. CHOCOLATADA SOLIDARIA realizada polas ONGs. Alameda
18:00h. Inauguración CARPA ENGADO MARÍN XUVENIL. Parque Eguren. Ata o 07 de xaneiro. Horario: 12-14h // 18 a 22h.
19:00h. Entrega de premios do Concurso de Contos e Debuxos de Nadal. Ateneo Santa Cecilia
23 de decembro, sábado
11:00h. RANCHO DE REIS polas rúas de Marín, organiza Asociación Pousos da Area
11:00-13h. Simultáneas e partidas relámpago de XADREZ co Club Xadrez Marín. Carpa Eguren
17:00h. Actividade de dinamización comercial con animación infantil a cargo de Brais Das Hortas e chocolatada, organiza Asociación de Comerciantes C.C. Morrazo e Concello de Marín. CENTRO COMERCIAL MORRAZO
17:00h. IV Gala Benéfica “Haz Realidad su ilusión” de Botón de Ancla. Salón de Actos IES Illa de Tambo
24 de decembro, domingo
17:30h. PAPÁ NOEL percorrerá as rúas de Seixo e na Praza de Abastos de Seixo actividades infantís, organiza ACEMAS e Concello de Marín
18:00-19:30h. Recepción de PAPÁ NOEL. Palco da Alameda
27 de decembro, mércores
12:00h. Títeres e contacontos con TARABELOS, organiza ACEMAS. Casa de Cultura de Seixo
29 de decembro, venres
12:00h. Maxia e diversión co MAGO NOEL, organiza ACEMAS. Casa de Cultura de Seixo
31 de decembro, domingo
11:45h. FESTA FIN DE ANO INFANTIL. Recreación das uvas do Nadal. Alameda
4 de xaneiro, xoves
17:30h. CINE DE NADAL no Cine de SEIXO, entrada libre ata completar aforo (190
persoas), organiza ACEMAS e Concello de Marín
5 de xaneiro, venres
12:00h. Animación Infantil. Alameda
16:30h. Festival de Reis en ARDÁN. Casa de Cultura de Carballido-Ardán
18:00h. GRAN CABALGATA DE REIS co percorrido habitual. Ao rematar, BELÉN VIVINTE organizado Asociación Os da Caña e Concello de Marín. Igrexa Nova
20:00h. SORTEO entre as compras realizadas na FEIRA NADAL MARÍN. Alameda
Este programa poderá experimentar modificacións por causas meteorolóxicas.