O mal tempo e as inclemencias meteorolóxicas destes últimos meses non están a supoñer un freo para a execución do proxecto de pavimentación de camiños rurais que se está a levar a cabo este ano na nosa vila e que pretende mellorar e poñer a punto todas as vías de comunicación que son esenciais para o rural marinense.
O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, informou de que xa se actuou nos camiños de Pena-Caeiro, Ameal-Oubiña, O Pozo e Saíde. Nestes momentos, os operarios están traballando no Pereiro. En total, investiranse cerca de 200.000 euros, con cargo ao Plan Concellos, para poder abarcar os 11 camiños beneficiados nesta actuación, que xunto cos que xa executados son os de O Carregal, Cruceiro do Vento, O Castro, O Barrio-A Brea, Sobreiras, O Pereiro e Loira.
“Facemos un moi bo balance de como van avanzando estas obras, posto que o mal tempo normalmente retrasa moito os traballos de pavimentación e fumos quen de manter os prazos relativamente estables a pesar do mal tempo dos últimos meses”, engadiu o edil.