A Carreira +10K Manuel Rosales de Marín volverá o venres a partir das 20.00 horas para converter á nosa vila na capital do atletismo e homenaxear a unha das figuras máis relevantes e destacadas do deporte marinense. O evento presentouse nun «salón» ubicado na Alameda, porque a vida de Rosales une «ciclismo, atletismo e mobles». Así o introduciu o moderador da presentación, o xornalista Terio Carrera. Nos sofás, estiveron presentes a alcaldesa, María Ramallo; o propio Rosales, Juan Carlos Higuero, campión de Europa y 4o olimpiada de Pekín 2008; Arturo Casado, campión de Europa e atleta olímpico; Diana Martín, 3ª de Europa e atleta olímpica, e Terio Carrera como moderador/presentador.
Na presentación, falouse da espectacular traxectoria de Rosales, oito veces vencedor da Maratón de Nova York e unha auténtica lenda máis alá da nosa terra, e de como Marín está a conseguir un traballo colaborativo entre o deporte base e as institucións que é fundamental para xerar referentes para o mantemento das disciplinas deportivas.
A +10, que percorrerá todo o centro urbano, xa conta con cerca de 600 inscritos en adultos e 400 de menores.
A proba absoluta desputarase ás 22.00 horas e terá saída desde a Avenida de Ourense e chegada á Alameda Rosalía de Castro. O percorrido terá unha distancia de 10 quilómetros totalmente planos, sen desniveis e homologado pola Real Federación Española de Atletismo.