Pleno de Marín.

Esta modificación é un trámite “ordinario”, tal e como explicou o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, “que tocaba facer despois de que a última rectificación se fixese en 2015”

O Concello de Marín leva nos últimos meses preparando unha rectificación do inventario de bens e dereitos municipais, que será levada este xoves á sesión plenaria que se celebrará ás 20.00 horas no Consistorio. Tal e como explicou o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, na comisión informativa, trátase dunha “modificación ordinaria, que serve para incluir camiños
que no seu día non estaban, xa que non se tiveron en conta ou estaban recollidos de xeito incompleto, ou, pola contra, excluir outros”.

Ademais, tamén se incluirán cesións de viais que agora son de titularidade municipal, como ocorreu por exemplo coa humanización de Concepción Arenal, onde a obra supuxo ese cambio de titularidade, pasando de ser da Xunta a ser do Concello, e tamén revalorizou o vial, “polo que é preciso actualizar estas cuestións no inventario municipal”, engadiu o edil. Asemade, incluíronse as minas de auga de abastecemento que foron detectadas nestes anos e que tampouco figuraban no documento orixinal.

Nesta rectificación recolleranse as alegacións que a veciñanza foi realizando ao longo destes anos, das cales 18 foron estimadas e 7 desestimadas polos servizos técnicos municipais. Unha vez realizado este proceso, cífrase a rectificación en algo máis de 1.307.000 euros, polo que o total do valor do Inventario unha vez o Pleno dé luz verde ao documento pasará a ser de 71.331.398 euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *