Será unha oportunidade única para coñecer os viños de tres bodegas que forman parte da indicación xeográfica protexida, do 12 ao 16 de xullo na Alameda
A Alameda de Marín acollerá do 12 ao 16 de xullo, a I Festa Dos Viños da IXP Ribeiras do Morrazo, unha cita imperdible para os amantes do viño e da nosa tradición vitivinícola, na que se poderán degustar e catar as distintas variedades que producen a Adega de Ardán, Os Areeiros e Reboraina.
Estas son as bodegas que terán unha caseta na festa e que forman parte da asociación montada ao redor desta indicación xeográfica protexida. A presentación do evento realizouse hoxe na Adega de Ardán, coa compañía dos concelleiros Marián Sanmartín e Pablo Novas.
Esta xa é a terceira edición dunha cita que xa é referencia para os amantes do viño e a gastronomía. Como acompañamento, estará de novo tamén Rosa de los Vientos para ofrecer tapas de pulpo en distintas elaboracións.