Esta tarde, a Alameda acolleu o xa tradicional “salón” para presentar unha nova edición da Carreira +10 Manuel Rosales, que se celebrará este sábado na Avenida de Ourense e que é unha data imperdible do verán da nosa vila para os amantes do atletismo.
Na presentación participaron a alcaldesa, María Ramallo, xunto ao concelleiro Antonio Traba; o atleta Manuel Rosales, figura esencial do deporte marinense e quen lle dá nome a esta proba, xunto coa súa filla; o corredor olímpico Yago Rojo, e o organizador da carreira, Víctor Riobó.
A +10, que percorrerá todo o centro urbano, conta con 714 inscritos absolutos e 284 escolares. Ás 20.30 horas, arrancarán os de sub-16 e sub-18, ademais dos participantes na categoría inclusiva que se estrea este ano. A partir de aí,van baixando as idades ata sub-10 para chegar ás 22.00 horas, que será cando arranque a carreira absoluta.