Fernández Tapias, López e Dominguez na rolda de prensa desta mañá.

Está confirmado e anunciado. O próximo presidente da Deputación de Pontevedra será Luís López, tamén presidente do PP provincial. Cargo que asume, dixo el mesmo hai apenas uns minutos en rolda de prensa, «con total responsabilidade e naturalidade, con agradecemento infinito a todos os meus compañeiros».

López, que estivo arroupado polos que serán tamén vicepresidentes da entidade provincial, Marta Fernández-Tapias (Vigo) e Rafael Domínguez (Pontevedra), considera «unha honra honra e un orgullo» este novo labor «que tentarei desenvolver coa maior humildade». Asegurou que «non era algo que buscase, eu sempre dixen que non busco protagonismos pero tampouco fuxo das responsabilidades».

Explicou López que a partir de agora daranse a coñecer os nomes do resto de cargos e xustificou non facelo hoxe en que mañá é o día de constitución das corporacións municipais e dependendo do mapa político resultante nos distintos municipios configurarase o arco da Deputación de Pontevedra. «Estamos pendentes das tomas de posesión de mañá para despois decidir sobre a toma de responsabilidades de cada un», manifestou. Pero, en todo caso, asegurou que «vai ser un gran equipo, un equipo con maiúsculas».

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí