Lontreira.

Lontreira, banda gañadora da “Canción do Verán” en Galicia co tema “Corazón de toxo”, actuará o vindeiro 17 de marzo na Fábrica de Chocolate en Vigo, no único concerto en salas programado ata despois do verán.

Tralo éxito do seu primeiro concerto no Auditorio da Illa de Arousa, conseguindo un sold out, presentan agora en Vigo o seu disco “Apnea”, primeiro traballo da banda e primeiro publicado en Galicia no 2023, que intercala poemas e cancións para ir narrando singladuras da vida a través das conexións especiais cos espazos naturais simbólicos.

Adriana Cores (Adri Coyote) e Héctor Rodríguez son os dous compoñentes de Lontreira, un grupo de música en galego con raíces na Illa de Arousa e con Vigo como berce da súa formación, cidade na que cursan os seus estudos superiores e na que uniron os seus talentos nun proxecto musical que xa os está a converter nunha prometedora banda emerxente. Adri Coyote, letrista e voz de Lontreira, está sendo considerada unha das voces importantes femininas no panorama musical galego.

Para Héctor Rodríguez (Moaña), teclista, compositor e membro dunha orquestra, a música é unha vocación que quere transformar en profesión; para Adri Coyote  (A Illa) a música é unha afección “herdada polo ambiente cultural no que me criei na casa” coa que quere transmitir a súa paixón polo medio natural. Xuntos crean arte, unha arte que queren compartir na terra que a inspira, Galicia, donde buscan tamén a complicidade do público.

As entradas están xa dispoñibless a través de woutick.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *