Trátase dun proxecto vital para esta infraestrutura, que mellorará o espazo en tres dimensións: eficiencia enerxética, habitabilidade e accesibilidade
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, informou do inicio das obras de mellora do Pavillón da Cañota, unha actuación esencial para esta instalación deportiva, que permitirá actuar en tres frentes: eficiencia enerxética, habitabilidade e accesibilidade.
O paso do tempo e o tipo de materiais que utilizaron na súa construción, típicos doutra época, non consegue o illamento e o aforro enerxético requerido para unha instalación municipal actual, por iso é preciso mellorar estes aspectos.
A obra realizarase ao abeiro dun convenio coa institución provincial por un importe total de 662.811 euros, aportando a Deputación o 70% (463.968 euros) e o Concello o restante 30% (198.843 euros), dentro do seu programa PON2030.
Tal e como se pode ler no informe de seguemento da obra, comezouse coas demolicións dos paneis de chapa das fachadas e a partir de aí avanzarase con todas as actuacións previstas. Levarase a cabo un cambio de cuberta para poñela de acero galvanizado e actuarase na fachada utilizando paneis sandwichs e SATE, para mellorar a eficiencia enerxética.
Tamén se renovarán todas as baixantes e sustituiranse as actuais farolas. As ventás tamén se colocarán novas, para que conten co dobre acristalamento. Ao mesmo tempo, instalaranse 5 bombas de calor de producción de ACS para os vestiarios.
No que respecta á accesibilidade, crearasen rampas de acceso en todas as portas, así como nas gradas e pintarase por completo o interior.