Como cada ano, o Concello coordinará unha acción conxunta entre as ONGs e os centros educativos de Marín, a Semana da Solidariedade, no que se procura facer unha importante a recollida de alimentos non perecederos, produtos de Nadal e produtos de hixiene e limpeza.

A campaña consistirá en que durante a semana do 12 ao 19 de decembro, o alumnado e as familias poidan aportar algún produto. Despois, xuntarase o recollido para que as ONGs fagan o reparto, tendo en conta o número de familias ás que axuda cada asociación non lucrativa: o Comedor Benéfico, Cáritas, Cáritas Santomé, Ayuda en Acción Sor Elvira e Amenac.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *