O piloto dunha moto que conducía pola PO-313, á altura de Broullón, resultou ferido esta tarde cando perdeu o control da moto e acabou chocando contra un valo do vial. Ocorreu ás 15:40 horas e ata o lugar acudiu a Policía Local de Moaña, Garda Civil e unha ambulancia que asistiu á vítima.