O pasado domingo día 07 de xaneiro finalizou o prazo de rexistro de códigos da Campaña de Nadal “TI ES A NOSA ESTRELA DO NADAL”. Unha vez rematada a campaña, da que Fecimo está esta semana a facer entrega dos últimos premios directos (aqueles que saen xusto no momento de rexistrar o código), chegou o momento de realizar o gran sorteo de premios finais no que se sortearon 3 dos 4 grandes premios de 1.000 euros dos que pronto gozarán as persoas gañadoras. O sorteo levouse a cabo o luns 08 de xaneiro ás 18:00h nas instalacións de Fecimo.
Estes premios de 1.000 euros supoñen un importante reforzo á confianza posta polos clientes do comercio local nos establecementos pertencences a ComerciodoMorrazo e son moi ben recibidos polos gañadores e gañadoras.
Con este sorteo final, Fecimo pecha una campaña de Nadal na que ademais dos grandes premios tamén se repartiron 6 premios de 200 €, 12 de 100€, 20 de 75 €, 40 de 50 € e 60 de 25€ e centos de premios aportados polos establecementos como vales compra, bonos desconto e centos de produtos. En total entregáronse máis de 560 premios entre os 80.543 códigos rexistrados ao longo da campaña.
Con esta estratexia, FECIMO, procurou combinar o éxito das pasadas edicións da entrega dun elevado número de premios, co fin de repartir ledicia ao maior número de xente posible, xunto coa ilusión dun sorteo final de grandes premios.
Os premios entregados materialízanse en TARXETAS REGALO para canxear nas empresas participantes na Campaña de Nadal, no prazo aproximado dun mes. Os gañadores e gañadoras, poderán gastalo todo nunha empresa ou nunha compra ou repartilo entre varias segundo eles decidan.
Tal como se explicaba nas bases da campaña, os premios outorgábanse ao azar entre todas as participacións rexistradas en www.comerciodomorrazo.com, Os gañadores/as dos 4 premios de maior contia, de 1.000 euros cada un, competían dentro dese gran “bombo virtual”.
Esta entrega de premios pon fin á campaña que este ano que repartiu máis de 15.000 € en premios.
A campaña de nadal de Fecimo vense celebrando dende hai dúas décadas, e acumula xa miles de premios e ledicias repartidos entre os clientes do comercio e as empresas locais.
Este ano participaron na campaña 308 empresas, entre as que Fecimo repartiu máis de 167.000 códigos en circulación obtendo unha cifra de 80.543 boletos rexistrados. Con estas cifras, dende a Federación, constatamos que, un ano máis, a Campaña tivo moi boa acollida e que foi un éxito de participación por parte de establecementos participantes e do público.