Villoch participando das reunións da corporación política de Cangas coa Área Sanitaria de Vigo.

Benigno Villoch, xefe do centro de saúde de Cangas, faleceu na tarde de onte aos 64 anos cando practicaba sendeirismo nas montañas de Palencia, segundo confirman fontes da Área Sanitaria de Vigo. Era un gran afeccionado á montaña e estes días atopábase visitando o pico de Espigüete cando se escorregou e caeu desde unha altura de 100 metros, engaden as mesmas fontes.

O xerente da área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, amigo no persoal e compañeiro desde a carreira, atopábase esta mañá conmocionado pola nova.

A xerencia, o equipo directivo e a profesionais da área sanitaria de Vigo quixeron manifestar o seu máis profunda dor pola perda en tan tráxicas circunstancias do noso compañeiro e amigo así como enviar as nosas condolencias aos seus familiares e amigos.

Pola súa banda, en canto soubo da triste noticia, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, telefonou á familia para trasladarlles o pésame persoal e de toda a Consellería e ofrece a súa axuda, se fose preciso

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *