Inauguración da primeira edición de ExpoNadal esta mañá.

A primeira edición de ExpoNadal de Marín abriu esta mañá as portas e uns dos primeiros clientes foron os representantes do Concello e da Xunta que acompañaron aos dirixentes da asociación Estrela de Marín no seu percorrido pola carpa na que participan 14 establecementos do municipio. Ata o 5 de decembro están representados diferentes sectores como moda, calzado, decoración, perfumería, complementos ou decoración do fogar.

Organizadores, Concello e Xunta agardan que ExpoNadal axude, xunto ás actividades do Nadal previstas para estes días, a dinamizar as rúas e adiantar as vendas de Nadal. «Este é unha fin de semana no que as familias, que seguro o están desexando, poden adiantar as compras de Nadal», augurou a alcaldesa, María Ramallo, quen insistiu en que poden facelo en ExpoNadal dunha forma «segura». A carpa conta con control de aforo a tempo real, entrada e saída diferenciadas e xel desinfectante. É obrigatorio o uso de máscara.

Á inauguración tamén asistiu o director xeral de Consumo, Manuel Heredia, quen defendeu as axudas como a que recibiu Estrela de Marín para facer posible esta feira. «A intención da Xunta con estas axudas é impulsar campañas de dinamización comercial nestas datas tan próximas en Nadal e esperamos axuden á recuperación do comercio e que sexan un referente para outros centros comerciais no obxectivo da súa recuperación», expuxo.

O aforo permitido, descontado o persoal que traballará nos stands, será de 150 persoas e poderase coñecer a tempo real o aforo da carpa, a través dun enlace web.

Dende Estrela de Marín agradecen a predisposición do Concello a colaborar con esta I Edición de ExpoNadal Marín coa cesión do uso da carpa e o custe do suministro eléctrico e da tarima e moqueta.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *