Obras de acondicionamento en Ezequiel Massoni.

Debido ás obras de acondicionamento do pavimento que se están a dar na Rúa Alcalde Ezequiel Massoni, o acceso ao tráfico na mesma estará cortado totalmente, incluídas as entradas aos garaxes e os servizos, este venres no horario de 8:00 a 20:00.

O remate do asfaltado da rúa obriga a este corte total de circulación de forma temporal, que xa esta habilitado no primeiro tramo da rúa.

Estas obras na Rúa Alcalde Ezequiel Massoni van adicadas a arranxar o seu pavimento que presentaba un aspecto degradado, afectado polo paso do tempo, con moitas roturas e con graves deficiencias no pintado e na sinalización das prazas de estacionamento.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí