Ademais, o sábado 13 de decembro as ANPAs organizarán o Mini Mercado de Nadal na Carpa do Parque Eguren

Como cada ano, o Concello coordinará unha acción conxunta entre as ONGs e os centros educativos de Marín, a Semana da Solidariedade, no que se procura facer unha importante recollida de alimentos non perecederos, produtos de Nadal e produtos de hixiene e limpeza.

A campaña consistirá en que durante a semana do 12 ao 18 de decembro, o alumnado e as familias poidan aportar algún produto. Despois, xuntarase o recollido para que as ONGs fagan o reparto, tendo en conta o número de familias ás que axuda cada asociación non lucrativa: o Comedor Benéfico, Cáritas, Cáritas Santomé, Ayuda en Acción Sor Elvira e Amenac.

Mini Mercado das Anpas, o sábado 13

Ademais, as ANPAS dos coles de Marín organizarán de novo o Mini Mercado de Nadal, que poderá visitarse na carpa do Parque Eguren do sábado 13 de 17.00 a 21.00 horas.

O obxectivo é poder recadar financiación para sufragar os gastos que se derivan das actividades que realizan ao longo do ano.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *