Administración General del Estado e Concello de Vilaboa, representados por Francisco López Peña e César Poza asinaron esta mañán o convenio que recolle a cesión gratuita á administración local dos terreos do recheo de Riomaior, poñendo fin a unha tramitación iniciada no 2015 e da que xa so resta a matriculación das parcelas no Rexistro da Propiedade.
O convenio recolle a cesión gratuita de dúas parcelas situado no dominicio público marítimo terrestre e desafectadas o pasado 12 de maio do 2022 mediante unha Orde da ministra de Hacienda y Función Pública.
A superficie cedida aparece reflexada en dúas parcelas. Unha delas ten unha superficie de 9.600 metros cadrados na que se encontra o pavillón de deportes e o CEIP Riomaior. A segunda abrangue un terreno de 21.552 no que se encontra o parque público Xosé María Álvarez.
Ainda que o Concello de Vilaboa iniciou no 2015 a reclamación da cesión gratuita destes terrenos, que terán que ser utilizados sempre para o mesmo fin que na actualidade, non foi ata o 25 de setembro de 2020 cando a Corporación Municipal acordou en sesión plenaria solicitar a desafectación e reversión desta superficie, na que Costas do Estado considera que xa non é necesaria unha protección especial.
Resta por tanto a matriculación das parcelas a nome do Concello para que a administración local poida actuar na mesma, planificando investimentos de mellora no parque ou obras de mantemento. “Hoxe é un día histórico para Vilaboa porque por fin recuperamos uns terrenos que a pesar de acoller infraestruturas moi utilizadas pola cidadanía non eran do Concello de Vilaboa”, explica César. “Esta situación non sempre é entendida pola veciñanza, que en reiteradas ocasións nos demandou investimentos no parque que non podiamos realizar ao non ser noso o terreno”.