Praia da Banda do Río de Bueu.

A Xunta vén de eliminar un punto de vertido na contorna da praia de Banda do Río de Bueu. O persoal do Plan de Control de Vertidos, de Augas de Galicia, localizou este punto tras recibir unha notificación de incidencia durante a mostraxe efectuada na zona de baño do citado areal por técnicos da Consellería de Sanidade.

A inspección permitiu detectar que a través do punto de desaloxo dunha rede de augas
pluviais ao dominio público marítimo terrestre se producía un aporte irregular de augas
residuais fecais.

Os feitos observados puxéronse en coñecemento do Concello de Bueu, requiríndoselle a
adopción das medidas oportunas para a súa emenda.

O Concello, a través da empresa concesionaria do servizo municipal de augas, emendou
unha derivación de saneamento a pluviais, así como unha filtración localizada entre as
xuntas dun colector de saneamento.

Os técnicos de Auga de Galicia verificaron recentemente a efectividade das medidas
adoptadas, que permitiron o cese do vertido.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí