O edil Óliver Álvarez, concelleiro de Facenda do goberno tripartito de Cangas, presentou nas últimas horas a súa dimisión «por razóns laborais», explican fontes do executivo local. Aínda que é certo que xa levaba apartado da vida municipal desde o pasado pleno ordinario de setembro, as mesmas fontes desminen que collera unha baixa por estrés coma se comentaba, porque nunca chegou a coller a súa liberación. Se es certo, manifestan, que dende finais de setembro apenas puido pasar polo Concello.
Óliver Álvarez era o home forte do BNG no goberno tripartito cangués. Foi portavoz da mesa de negociación durante a conversacións para conformar goberno e posteriormente foille asignada a carteira de Facenda. Agora a súa acta e, en principio, tamén as áreas que él levaba, colleraas Xiana Abal.
Na Alcaldía a renuncia non colleo por sorpresa posto que Álvarez xa o comunicara na última semana de setembro, ainda que non o fixera oficialmente.
¿Quén é Xiana Abal?
Nacida en Cangas no ano 1995 é veciña de Coiro
Estudou o grao en logopedia na Universidade de A Coruña, estudos que completou coa especialización en motricidade orofacial en Portugal, e de neurorehabilitación logopédica en Barcelona.
Desde o ano 2017 exerce como logopeda. Na actualidade desenvolve a súa vida laboral en Cangas.
Foi deportista no Clube de Remo Vila de Cangas ata o 2013.
Ten estudos de música realizados no conservatorio municipal, participando con posterioridade no Proxecto Orquestral, primeira orquestra sinfónica de Cangas.
Comprometida co movemento feminista, é militante activa desde o movemento estudantil. Membro de Galiza Nova.