Unha das actividades da Festa Corsaria.

Haberá novidades con respecto a outras edicións e actividades para todas as idades

A vila de Marín volverá revivir a batalla de Aguete de 1800 e a paixón dunha época marcada por Gago de Mendoza coa Festa Corsaria, da que xa se conta coa programación completa e que ten aberto ata este venres o prazo para solicitar mesas para comidas e ceas. Polo momento, tal e como informa o Concello, rexistráronse xa 26 peticións de mesas para particulares e 2 para ampliación de terrazas de hostalaría.

De novo, a programación arrancará a media tarde do venres e se estenderá durante toda a xornada do sábado. Haberá novidades con respecto a outras edicións. Entre elas, a máis destacada será o galeón do século XVIII que será visitable con entrada gratuíta e que estará fondeado no Paseo Alcalde Blanco e a exposición de Alberto Fortes que se pode ver nos soportes de cartelaría ubicados por todo o centro e na que se explica máis sobre a época histórica na que se desenvolve a festa así como da fi gura do corsario marinense.

Outro dos cambios será a ubicación dos ofi cios, que non estarán todos no Parque Eguren, senón que tamén se espallarán por outros puntos do centro e afi anzaranse máis aqueles que teñen que ver coa tradición mariñeira: haberá redeiras, secado de peixe, carpintaría de ribeira…
Ademais, como sempre haberá actividades para os máis pequenos, desfi les do barco inglés e do barco corsario, espectáculos, concertos na Alameda, pinchadas de DJs e o tradicional concurso de decoración.

Así queda, por tanto, a programación por días:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *