Jorge Carballo Couso, un veciño da parroquia de Meira, en Moaña, de 45 años leva desaparecido desde o pasado luns día 9 de outubro sobre as 15:00 horas. A Policía Local ha lanzado a alerta a través das súas redes sociais hai apenas uns minutos.
Jorge reside na Marrúa e posiblemente cando se lle perdeu a pista vestía cun chándal de cor negra. Ademais, portaba unha mochila negra e un bastón de sendeirismo. Adoitaba ir camiñar por Hermelo, a Cruz de Xestoxo e O Beque. Tamén era cliente habitual dous establecementos Daniel´s, na Xunqueira, e Atria, non barrio do Rosal.
A Policía Local solicita colaboración cidadá para atopalo.