A alcaldesa María Ramallo, xunto co xefe da Policía Local, Benigno Area, recibiron ao novo axente da Policía Local de Marín, David Malvido Currás, natural de Loira e que se incorpora ao corpo de seguridade local.
A rexedora desexoulle «toda a sorte do mundo» para desempeñar o seu traballo, «que é esencial para toda a cidadanía pero que tamén ten momentos duros e complexos».