Dasoul será uno de los platos fuertes del verano en Marín. FOTO: DASOUL

O Concello adianta as datas máis sinaladas do que será un programa de festas cheo de eventos na vila, pensados para todas as idades

A concelleira de Festas de Marín, Marián Sanmartín, adiantou hoxe os pratos e datas máis fortes do que será a programación completa para o verán en Marín este ano. Esta programación conta cunha combinación de diversos eventos, como poden ser concertos, teatro, actividades infantís, danza… os cales non deixarán indiferente a ninguén.

O pistoletazo de saída á programación do verán será a noite de San Xoán, e prolongaranse durante toda a tempada ata o mes de setembro, pechando o verán, coas festas pola Patroa Virxe do Porto e as festas de San Miguel.

Na noite máis curta do ano, que se acompaña das famosas cacharelas de San Xoán, actuará na Praza do Regueiro a Orquesta Galilea, debido a aplazación desta pola chuvia que houbo na celebración das festas de San Xosé Obreiro. Para os apaixonadas do mundo do motor, o venres, 28 de xuño terá lugar en Marín a concentración moteira, que durará hasta o domingo 30 de xuño.

O mes de xullo arrancará pensando na mocidade, xa que o sábado 6 terá lugar outra edición do festival de música urbana “Marín Dance Festival”, coa actuación do cantante canario Dasoul, que irá continuada da actuación de diferentes DJs, no Parque Eguren de Marín.

Para a seguinte fin de semana, xa en plenas Festas do Carme, poderemos contar, o venres, 12 de xullo, coa actuación da Orquestra Kubo na Praza de España; e para ese mesmo sábado, 13 de xullo, terá lugar a actuación do grupo musical, Café Quijano no Parque Eguren, e a da Orquestra New York na Praza de España. Para rematar esta fin de semana, o domingo, 14 de xullo, será o momento da actuación da mítica Orquestra Panorama, tamén na Praza de España.

A partir do luns, 15 de xullo, toca a quenda das verbenas, comezando coa actuación da Orquestra Marbella e o martes, 16 de xullo conteremos coa visita do Combo Dominicano. Para rematar o mes de xullo, o venres 19, celebraranse as Festas de Seixo, que durarán ata o sábado 20 de xullo.

Para o mes de Agosto, o sábado 17, celebrarase outra edición da xa tradicional Festa Corsaria. Esta festa invita a todos os públicos a gozar dunha vila pirata rodeados de familia e amigos. Para o seguinte sábado, 24 de agosto, será a tradicional tirada de fogos na praia de Loira.

Para dar peche as festas deste verán, no mes de setembro, celebraranse as festas pola Patroa Virxe do Porto e coas festas de San Miguel.

Ao longo das próximas semanas, o Concello irá disgregando novos eventos da programación completa, así como o cartel das festas e a persoa que se encargará de ler o pregón.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *