O artista de jazz Virxilio Da Silva.

O Concello de Cangas acollerá este venres o concerto de JUZZ, a banda liderada polo guitarrista galego Virxilio Da Silva, unha das figuras máis recoñecidas da escena jazzística europea. O concerto forma parte do programa Jazz no Outono, organizado pola Asociación de Jazz de Cangas, e será a estrea da xira de presentación do seu novo traballo discográfico.

Juzz é unha formación de jazz-rock ecléctica e vibrante, que aposta pola liberdade creativa e pola fusión entre linguaxes. A súa música bebe do rock psicodélico e progresivo, do jazz máis libre e mesmo do post-rock e o noise, creando un son hipnótico e cheo de intensidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *