A alcaldesa e os concelleiros no camiño cos veciños.

É un dos viais que forman parte do Plan de Pavimentación de Camiños Rurais 2026, financiado con cargo ao Plan Máis Provincia e que supón unha inversión total de 356.500 euros

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, acompañada polos concelleiros Pablo Novas e Manuel Santos, e pola veciñanza da zona de Currás, na parroquia do Campo, comprobou onte o estado no que quedou o camiño que formou parte do Plan de Pavimentación de Camiños Rurais 2026 e que ten por obxectivo mellorar as insfraestruturas viarias e de comunicación das parroquias.

Trátase dunha zona moi utilizada, colindante con moitas vivendas e que tamén dá acceso a un pozo. En total, neste camiño investíronse 71.735,82 euros, que forman parte dunha inversión total de 356.487 euros coa que se financian os outros sete camiños que tamén forman parte deste plan.

Unha intensa planificación para mellorar o rural

Ramallo quixo destacar “a importancia que ten seguir avanzando nestas melloras. Somos conscientes de que todo é inabarcable e que sempre vai haber zonas que aínda queden por actuar nelas, pero cremos que unha planificación como a que temos nos camiños das parroquias, priorizando aqueles que están en peor estado, vai dando o seu resultado”.

A rexedora aproveitou tamén para escoitar outras demandas da veciñanza e explicou que esta inversión é posible grazas a que o Concello “decide apostar unha boa parte dos fondos provinciais do Plan Máis Provincia que nos corresponden a mellorar o rural”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *