A alcaldesa, María Ramallo, e o xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, firmaron esta mañá na Casa Consistorial o convenio regulador ao respecto. Nestes momentos, o Centro de Día conta con 20 prazas ocupadas
A alcaldesa, María Ramallo, e o xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, dependente da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, fi rmaron esta mañá na Casa Consistorial marinense un convenio de colaboración entre ambas entidades para que as mulleres participantes do Programa Integrado de Emprego poidan realizar as súas prácticas profesionais no Centro de Día ubicado na Casa do Mar.
“Con esta aposta, estamos conseguindo un doble benefi cio: aportar novas profesionais a un centro asistencial tan importante para Marín como é o seu Centro de Día público, así como fomentar a futura empregabilidade das mulleres que participan no PIE, dándolles experiencia curricular nun ámbito laboral”, explicou a rexedora, María Ramallo.
O Centro de Día, que leva en torno a un ano e medio en funcionamento, conta nestes momentos con todas as súas prazas ocupadas, unhas 20, e está a ser un referente na atención asistencial das persoas usuarias e as súas familias, que teñen neste recurso público un gran apoio no coidado das persoas dependentes.
O obxectivo futuro, tal e como indicou a alcaldesa, é poder ampliar o número de prazas deste recurso e, como xa se adiantou esta pasada fi n de semaba, seguir traballando para identifi car un terreno adecuado que poida ser cedido á Xunta de Galicia para a construción dunha nova residencia de maiores.
“Somos conscientes que a asistencia á vellez, cada vez máis, é unha prioridade absoluta. Cada vez vivimos máis e precisamos recursos que respondan ás necesidades da cidadanía máis lonxeva e, especialmente, daquela que ten necesidades de atención específi cas por ser dependentes”, fi nalizou Ramallo.