A concelleira de Cultura, na presentación do cartel.

Hoxe comeza o Ciclo de Cine de Verán no que se proxectarán películas os días 7,
21 e 29 de agosto.

As tres películas elixidas serán Yesterday, Bohemian Rhapsody e Spider-Man: Lejos de
casa, que se proxectarán ao aire libre no Parque Eguren. Ademais, de cara a setembro, haberá unha actuación de cine con banda sonora co filme Nosferatu. Estas actividades contarán con todas as medidas de seguridade e hixiene necesarias para
a súa realización.

A creación deste ciclo de cine está dentro das actividades culturais promovidas polo Concello de Marín dentro do seu plan de dinamización cultural, que axude tamén á reactivación do comercio local, golpeado pola crise da Covid19. Búscase fomentar un ocio de formato pequeno e dentro da vila e que se poida levar a cabo dunha maneira o máis segura posible.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí