Unha iniciativa do GDR Pontevedra-O Morrazo que busca estimular as funcións cognitivas y motrices dos maiores dos centros de día participantes
Esta semana votou andar en cinco centros de día do territorio o proxecto “Memoria Sonora”; unha iniciativa do GDR Pontevedra Morrazo, que utiliza a música de raíz como elemento vivo de conexión, memoria e coidado das persoas maiores máis vulnerables.
Trátase dunha iniciativa de intervención social a través da música de raíz, destinada a traballar terapéuticamente con persoas con certo grado de deterioro cognitivo ou persoas en situación de vulnerabilidade para estimular as funcións motrices, cognitivas etc. das persoas participantes; promover o seu benestar emocional e social; e preservar e divulgar, ao mesmo tempo, o noso patrimonio cultural inmaterial.
No proxecto participan os centros de día de Moaña AFAMO, no barrio de O Rosal, Contigo, na rúa José Costa Alonso da parroquia de Tirán e Apreixo nas Barxas 14.
Xustificación
A música ten un impacto positivo na saúde e o benestar das persoas. A estimulación musical pode mellorar a calidade de vida, potenciar a memoria, a atención, a creatividade e promover a interacción social. A música de raíz galega posúe unha riqueza cultural e emocional que conecta coas raíces identitarias da comunidade. O uso de instrumentos elaborados de forma artesanal reforza a conexión coa natureza e o patrimonio cultural, xerando un sentido de pertenza e fortalecendo a autoestima.
Obxectivos
Os obxectivos xerais son mellorar a calidade de vida das persoas maiores e poñer en valor o patrimonio cultural inmaterial, ainda que as finalidades obxetivas son estimular a memoria, a expresión emocional e a conexión social das persoas maiores participantes, favorecer a inclusión e o empoderamento dos colectivos de maiores vulnerables e preservar e divulgar a música de raíz galega.
Metodoloxía e actividades
O proxecto realizarase en colaboración con 5 centros de día do territorio, usando a música de raíz como ferramenta de estimulación cognitiva, emocional e social. Entre as actividades están a avaliación inicial e deseño de sesións terapéuticas para identificar as súas necesidades e capacidades e planificaranse as sesións terapéuticas adaptadas aos diferentes perfís e necesidades dos participantes, combinando actividades de creación de instrumentos, interpretación musical e movementos acompasados.
En función da avaliación e progreso dos participantes poderanse realizar axustes na intervención, se fora necesario. Tamén haberá obradoiros de creación de instrumentos e realizaranse 5 talleres de creación de instrumentos utilizando materiais naturais e técnicas artesanais. Estes talleres contaran cos recursos e materiais necesarios e estarán dirixidos por persoal técnico axeitado.
En canto ás sesións terapéuticas, incluirán a execución musical cos instrumentos creados, a práctica de repertorio de música de raíz galega e exercicios de movemento acompasado adaptados a cada participante. Realizaranse 20 sesións grupais (4 por cada centro) que terán unha duración de 90 minutos cada unha.