César Poza na futura pista.

A instalación conta cun orzamento de 163.325 euros e estará rematada este ano

A pista de pump track que se está a executar na canteira de Paredes será a de maiores dimensións da provincia, superando as instalacións a superficie das que hoxe en día son referente na provincia e que están situadas en Moaña e en Vilagarcía. César Poza revisou estes días os avances dos traballos que están na fase do repranteo das pistas con rampas, desniveis e curvas con terra compactada. Segundo explicou o alcalde de Vilaboa este repranteo será revisado por deportistas destacados nesta disciplina para
confirmar que reúne as condicións idóneas.

Construcciones E.C. Casas fíxose coa adxduciación desta importante obra por un importe de 163.325 euros e os traballos estarán rematados este mesmo ano 2025.

O acordo recolle tamén o peche perimetral das parcelas e a conservación do entorno, polo que o Concello executará tamén unha actuación que favoreza a drenaxe da antigua canteira e que evite o empozamento da auga.

“Remodelamos a idea inicial para facer unha pista coas dimensións necesarias para o adestramento de disciplinas como o ciclismo BMX Racing ou o BMX Freestyle, ambos olímpicos”. Cando a pista de pumptrack de Paredes está no meridiano da súa execución César Poza alimenta a ilusión de que algún día estas instalacións de Vilaboa acollan competicións de nivel internacional.

A pista de pumptrack supón o inicio da transformación da antiga Canteira de Paredes nun Parque de Aventuras cunha orientación multideportiva e de actividades ambientais e de contacto co medio ambiente, proxectos nos que o goberno local xa está a traballar.

“Dentro do proxecto global que temos para Vilaboa iremos dando forma a parques públicos descentralizados nas diferentes parroquias e cada un terá unha temática diferente. Este entorno de Paredes é espectacular para a práctica deportiva e esa é a orientación que lle daremos”. César Poza recorda que esta actuación é posible grazas ao convenio asinado coa Comunidade de Montes de Vilaboa que favoreceu a cesión indefinida do Monte da Raposeira; dúas parcelas que en conxunto suman 49.847 metros cadrados.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *