Vista aérea de Marín.

A Mesa de Contratación do Concello de Marín abriu os sobres das empresas que se presentaron á licitación da nova Oficina de Turismo Virtual que se instalará no novo Auditorio de Marín. En total, presentáronse cinco empresas, cuxas ofertas serán agora avaliadas polos técnicos para escoller á que será finalmente a adxudicataria, seguindo os criterios recollidos nos pregos de contratación.

Tal e como explicou a alcaldesa, María Ramallo, este proxecto “forma parte do noso Plan de Sostibilidade Turística e permitirá mostrar Marín a quen nos visita coma nunca antes, aproveitando as bondades das novas tecnoloxías e permitindo que nos dotemos de material turístico de difusión que é fundamental para posicionar a nosa vila como un destino amable, sostible, verde, de natureza e con moitas posibilidades”.

A inversión que se realizará será de cerca de 230.000 euros e o prazo de presentación de ofertas para as empresas interesadas será ata o 9 de decembro, inclusive.

Realidade virtual, vídeos de alta calidade, pantallas multitarefa tanto na propia Oficina como en lugares estratéxicos da vila onde se poidan explorar os atractivos turísticos de Marín, experiencias inmersivas, mapas interactivos… son algunhas das cuestións que se recollen no prego como parte do traballo que deberá desenvolver e habilitar a empresa que resulte adxudicataria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *