Resultou aparatoso pero afortunadamente non foi grave. Dúas persoas, unha muller e un home resultaron feridos leves esta mañá tras coches os seus vehículos no cruzamento entre a PO-551 e Pazos Fontenla. Un dos coches ía en dirección Marín e por causas que se descoñecen perdeu o control e acabou impactando contra o outro vehículo que estaba a facer o stop na via de incorporación (Pazos Fontenla).