A iniciativa consiste nunha exposición e nun documental. A mostra poderá visitarse no Hall do Concello do 3 ao 12 de febreiro e a peza audiovisual será proxectada con alumando de varios centros educativos
A exposición “Chicas Nuevas 24 horas”, que denuncia a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual continúa chega a Marín, impulsada polo Concello de Marín a través do seu CIM e promovida en Galicia pola Dirección Xeral de Loita contra a violencia de xénero da Consellería de Política Social e Igualdade.
A mostra, que poderá visitarse no Hall do Concello desde o 3 de febreiro ata 12, está composta por fotografías e engloba tamén a proxección da peza documental, escrito e dirixido por Mabel Lozano. Con ambos recursos, danse a coñecer as vivencias e situacións de diversas mulleres e nenas que, desde
localizacións tales como, España, Arxentina, Perú, Colombia ou Paraguai, dan o seu testemuño sobre esta lacra social.
Trátase, pois, un traballo global arredor da trata, que denuncia o escuro día a día no que viven millóns de mulleres no mundo por culpa das mafias e que destapa a realidade da prostitución, exercida desde a escravitude, sempre baixo enganos, extorsións, débedas e ameazas. Un negocio que xera unhas ganancias de 32 mil millóns de dólares ao ano.
A exposición inclúe actividades complementarias de carácter social, didáctico e formativos e que se centran en dous piares básicos: a prevención e a concienciación. Por iso, ademais de estar aberta ao público no horario de atención do Concello (de 09.00 a 14.00 horas), tamén será visitada polo alumnado de varios centros educativos da vila.
Mabel Lozano
Mabel Lozano é guionista, produtora e directora de cinema social, con máis de 15 anos de traxectoria centrada na visibilización da lacra da prostitución na procura dunha maior concienciación social para erradicala.
A directora comezou a súa carreira como presentadora de programas de entretemento, pero en 2007 a súa relación co audiovisual cambiou para ser unha das voces denuncia da explotación da muller.
Polos seus traballos, entre os que están “La teoría del espiralismo”, “Las sabias de la tribu”, “Madre” o “Las mujeres”, recibiu, entre outros, o Premio Rodolfo Walsh que se entrega na Semana Negra, o Comadre de Ouro de 2021 e o Goya á curtametraxe documental por “Biografía do cadáver dunha muller” e por “Ava”, adaptación da súa novela.

